Páginas

mércores, 18 de maio de 2016

voadores de fai tempo

(Publicado en 05/11/2014 no antigo blogue "escumaevento. bligoo.es")



















Por mor do último artigo publicado, o de "Voar nos Vales Vaqueiros", Leonor Sánchez, —antiga compañeira de promoción nun dos cursiños de iniciación ao parapente que Tarsicio Nogueira impartía nas lomas do Viveiró alá polo comezo dos 90'— faime chegar esta foto, que debe andar polos 20 anos de antigüidade e coido que corresponde a un dos campionatos de Galicia de parapente daquela época. O sitio é o Monte Faro, Chantada, e a xente retratada debe corresponder, salvo erro, ao seguinte aliñamento:
De pé e de esquerda a dereita: Juan C. Martul (Lugo), Xerardo (Ferrol), Eu coa Fufa (mascota), Moncho "Aspirinas" (Lugo), Xavier (irmán de Álex), Rafa Presa (Vigo), outro Xavier (Coruña), Carlos, Issac (Lugo), Fernando Blanco (Coruña), Tarsicio (Mondoñedo), Lalo (Santiago), José Tojo e un rapaz de Santiago.
Agachados e polo mismo orde: Pepé (Lugo) Paco "Coletas" (Foz), Benito (Foz), Leonor (Lugo), Juan Cedrón (Lugo), José Abad (Coruña), Xulio César (A Guarda), Javier "Médico", Torrón (Lugo) e Marcelino.
Non sei quen sería o gañador do devandito campionato. Eu non, dende logo. O que si recordo eran as posteriores ceas de confraternidade regadas con viño do lugar para rebaixala tensión propia da competición e repoñer forzas como é debido.
Un saúdo para todos, malia que a algúns xa lles perdín a pista vai boa.