Páginas

mércores, 18 de maio de 2016

voar nos vales vaqueiros

(Publicado en 28/09/2014 no antigo blogue "escumaevento. bligoo.es")


Xa non se voa como se voaba daquela, en 1994.
Un flipa arestora cando ocasionalmente observa como voan os compañeiros de “promoción” que dende aquela persisten. “É que as velas de agora teñen un rendemento que…” adoitan dicir para non se dar importancia. Mentira. É normal que as velas actuais teñan algún punto a maiores de fineza. Pero a grande diferenza entre a realidade de agora e a de fai vinte anos foi o evidente perfeccionamento técnico que posúen os pilotos na actualidade.
Lembro con nostalxia aquela primeira vela que tiven, ese “Colibrí 30” amarelo e fucsia que se ve no vídeo. E aínda que cos medios propios dunha época pasada e cunha técnica en fase de desenrolo, tamén cómpre afirmar que gozábamos de descubrir en cada despegue esa emoción case pioneira de se deixar ir nas mans do vento pendurando dunha tea de cores.
Tempos aqueles!