Páginas

mércores, 18 de maio de 2016

Manuel e David

(Publicado en 11/11/2014 no antigo blogue "escumaevento. bligoo.es")
Manuel López á esquerda e David Iglesias, á dereita.
Manuel ten 88 anos. David, 10 menos.
Ámbolos dous foron engraxadores naváis. Para quén non o saiba, os engraxadores —o nome ven herdado da época do vapor— son oscurritos que seguindo as indicacións do oficial de garda na máquina dun barco atenden a que ésta funcione con normalidade e botan man da ferramenta cando hai que facer algún arranxo mecánico. Con temperatura ambente case sempre por riba dos 40º, explican que o uniforme de faena non podía ser mais sinxelo: zapatos ou sandalias de sola de zapateiro para non queimarse ó camiñar, pantalón curto e unha cinta na frente para recollelo suor.
Máis de cincocentas gardas á par, calculan, e milleiros de millas, de sobra para dala volta ó mundo moitas veces, feitas nas entrañas doPlaya de Riazor ou do Ildefonso Fierros.
Levaban 27 anos sen verse, dende que Manuel se xubilóu. O reencontro foi fai pouco en Tapia de Casariego, onde vive David. Non fai falla explicar a emoción do momento.
"Lémbraste do 'cristo' se montou naquel cabaret de Cádiz? Foi no 'Júpiter' ou no outro ó que íamos algunha vez...?"
"Si, foi no 'Júpiter'. Amencía cando nos botaron fóra..."
"E aquela viaxe ó Golfo Pérsico que se foderon as neveiras da cociña... a fame que pasamos, faltou pouco para ter que comer os cordóns dos zapatos..."
As historias seguen a fluír: temporais, avarías, accidentes, centos de anécdotas...
"...de preto de 40 que íamos a bordo debemos quedar para contalo, nosoutros dous e tres ou catro máis..."
Pois eso, que sexa por moitos anos. E que non falte a saúde nin a memoria.
O "Playa de Riazor" saíndo de Ferrol despois de estar a reparar en dique seco. Manuel e David ían a bordo