Páginas

mércores, 18 de maio de 2016

Pepe Correa

(Publicado en 19/01/2015 no antigo blogue "escumaevento. bligoo.es")


Xosé Correa González, "Pepe Correa", era probabelmente o derradeiro mariño de cantos comezaron a aprender os segredos dos puntos cardinais dende as cubertas núas dos antigos barcos de vela. Tras unha vida enteira dedicada ó mar, na madrugada do pasado sábado largou amarras por última vez cara a ese rumbo infindo que non se acha na rosa dos ventos e que permite acadar ós bos e xenerosos algún lugar de paz situado alén do mar, ali onde nas noites de bonanza a liña do horizonte se mestura coas estrelas.
Botarei moito de menos a quén me ten contado tantas historias salgadas á carón sosegada dun vaso de viño. Seguro que dende agora unha nova estrela velará dende o firmamento pola derrota do Brandan.
A finais do pasado mes de agosto Pepe fixo a súa derradeira viaxe por mar, dende a Viveiro a San Cipríán, a bordo do veleiro "Carrao". De dereita a esquerda: Correa, Tito Villarmea, Moncho (patrón do Carrao) e quen isto escribe
Deixo nesta ligazón unhas páxinas de "Camiños de escuma e vento" dedicadas a Pepe.