Páginas

xoves, 19 de maio de 2016

lágrimas de Portugal (2)

(Publicado en 09/07/2015 no antigo blogue "escumaevento. bligoo.es")

A andaina continúa cara o sul polo mar salgado, dende Póvoa de Varzim, a dos "barcos á vela nesse mar sem fin" ata Lisboa, eterna "menina e moça", comprimentando a Guimarães, visita obrigada ó Douro que morre no Porto,  Aveiro e Ilhavo, Figueira da Foz, Nazaré con excursións a Alcobaça e Batalha, e Peniche.
As verbas que cecáis un día han de ir ó prelo para se tinguir de tinta, fican aína revoltas nun novelo de ideas desordeadas, agardando que a viaxe teña comprido fin.
Que falen polo tanto e de momento as imaxes por si soas, de seguro que ben máis expresivas que esas verbas prometidas que se agardan en ningures...
Imaxes que falan da auga, do vento, da luz, das paisaxes, da xente. E tamén, ás veces, dunha dor que non se esquece.






















































(continuará)