Páginas

xoves, 19 de maio de 2016

lágrimas de Portugal (3)

(Publicado en 22/07/2015 no antigo blogue "escumaevento. bligoo.es")










"Aquele que na hora da vitória
Respeitou o vencido
Aquele que deu tudo e não pediu a paga
Aquele que na hora da ganância
Perdeu o apetite
Aquele que amou os outros e por isso
Não colaborou com a sua ignorância ou vício
Aquele que foi “Fiel à palavra dada á ideia tida”
Como antes dele mas também por ele
Pessoa disse."
A Salgueiro Maia, Sophia de Mello Breyner
Estas liñas e estas imaxes son apenas unha lembranza íntima de todos cantos están ou estiveron a facer posíbel un raio de luz na alma dos oprimidos. A quenes co seu exemplo indican que "há alturas em que a única coisa a fazer é desobedecer"...
Unha viaxe en Portugal, de ida e volta, dende Castelo de Vide ata Lisboa... onde un non resiste a tentación de percorrer as rúas coa cámara desposta, para facer outra viaxe no tempo, dende abril de 1974 ata o presente agosto, a seguir a pegadas dun icono da liberdade, dun capitão de abril, dun dos herois persoais que ten cada quen...














Este percorrido pode comezar aquí, no número 15 da rúa de Sto. Amaro, o día 1 de xullo de 1944...










...deterse en Abrantes (Santarem), camiño de Lisboa e visitar o museu que acolle no seu interior a Escola Pratica de Cavalaría














Até 2006, a EPC estaba ubicada na cidade de Santarém:










Por esa porta saíu para a capital do país unha coluna de blindados ás 03:30 do día 25 de Abril de 1974
"meus senhores, como todos sabem, há diversas modalidades de Estado. Os estados sociais, os corporativos e o estado a que chegámos. Ora, nesta noite solene, vamos acabar com o estado a que chegámos! De maneira que, quem quiser vir comigo, vamos para Lisboa e acabamos com isto. Quem for voluntário, sai e forma. Quem não quiser sair, fica aqui!"
Todos formaron, ninguén quixo ficar...




























Imaxes a branco e negro de fai 41 anos que non obstante reflicten un anceio de luz que as dixitais fotos a cor non posuen.
Algunhas cousas permanecen no mesmo sitio, nesas fotos de cada recanto de Lisboa. Quen queira se pode permitir a brincadeira de achar casas, portas, xanelas, farolas... que resisten ó paso do tempo.
Mais o que de seguro se bota de menos nas fotos de agora é o espírito de liberdade do 25 de Abril, a propia revolución...
Pero é hora de voltar a Castelo de Vide. Primeiro ó castelo, e nas súas pedras prendida unha lembranza...













...e despois ó camposanto, onde fica nunha tomba a ras de terra, como él mesmo deixou desposto.
Xa sei que o seu sería unha ofrenda persoal con caravéis vermellos, pero non había en toda a localidade un só cravo á venda, nin vermello nin doutra cor. Un manoxo de rosas compreu ise cometido. O heroi de abril que alí descansa saberá desculpar.











(continuará)