Páginas

mércores, 18 de maio de 2016

o bote que agarda sen presa

(Publicado en 27/04/2015 no antigo blogue "escumaevento. bligoo.es")


Esta é unha foto sen outro aquél que o de ser feita co móbil nesta mañá de choiva cando viña a pé para Magazos.
O bote fica asulagado na ría, á beira do paseo peonil xusto por tras de onde se achaba o cine Orfeo.
Non sei canto tempo leva aí. Moito. Tanto que o carallote (1) tivo tempo de se afincar no seu casco do xeito que se pode ver, e tamén do seu cabo do amarre, que aínda conserva, debuxando un S pola popa. 
Semella adormecido nun sono pracenteiro e sereo, e de seguro agarda, sen presa, o intre no que regrese o patrón para se facer de novo ó mar.
(1) Macrocistis Pyrifera, dinlle os que saben de botánica ó carallote de toda a vida